Quen somos?

O compromiso pola Historia, pola lingua e pola cultura desta terra levou a un grupo de graduados en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela a adicar parte do seu tempo na difusión de artigos vencellados ao mundo das Ciencias Sociais en galego.

Mazarelos non ten límites temáticos ou cronolóxicos. Cadaquén publica seguindo as liñas de investigación nas que estea traballando ou os seus intereses. Estamos abertos á colaboración, non dubides en consultar os liñamentos editoriais e poñerte en contacto con nós para explicarnos as túas ideas.

Miguel Rodríguez Martínez

Teo, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de doce meses na Benemérita Universidad Autónoma de Aguascalientes. Estudei o mestrado de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (2019) e o mestrado en Formación de Profesorado (2020). Os meus intereses están vencellados ás implicacións da migración galega tanto nos lugares de destino como nos de partida e aos estudos de xénero na Galicia contemporánea.

Roque Sanfiz Arias

Fene, 1996. Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela cunha estancia de nove meses na Universidade Jagiellonski de Cracovia. Estudei o máster de Historia Contemporánea na Universidade Autónoma de Barcelona. Actualmente curso o doutoramento na USC, investigando sobre a historia social do deporte en Galicia na primeira metade do século XX.

Mateo Martínez Torres

Ourense, 1996. Graduado en Historia (2018) e Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato (2019) pola Universidade de Santiago de Compostela. Os meus estudos céntranse na limpeza política levada a cabo polos sublevados durante o Golpe, a Guerra e a Ditadura, en concreto o caso galego. Así mesmo, investigo sobre a didáctica dos xenocidios e o ensino da Historia do século XX.